Nova iluminaria Led nas instalacións da Cidade Deportiva
Esta semana rematou o proceso de mellora da iluminación nas instalacións da Cidade Deportiva. Levouse a cabo a sustitución de iluminarias por outras Led no parking, no cuarto de paos e bugguies, na cancha de prácticas e en dúas pistas de pádel. Dito cambio, o cal nos vai permitir un importante aforro enerxético, puido realizarse grazas á subvención do Inega.
Seguimos traballando para mellorar o noso Club.