Nova iluminación LED nas pistas 3 e 4 de tenis
29-09-2021
Finalizou o proceso de substitución dos focos das pistas 3 e 4 de tenis grazas á subvención do INEGA, que nos permite un importante aforro enerxético na sección, así como cumplir a normativa do Consello Superior de Deportes para a organización de eventos de carácter nacional e internacional, logrando unha uniformidade superior aos 500 lux en toda a instalación. Seguimos traballando para mellorar o noso club.